Parabéns (I)

Hai uns día viña no Nós Diario, unha reportaxe sobre a desigualdade e a pobreza, por mor da pandemia. Publicábase un estudo sobre a desigualdade que concluía, que as traballadoras pobres eran perto dun 20% máis pobres desde a pandemia. Ao mesmo tempo neste diario que escribo, publicábase unha nova que dicía, que a creación de emprego era perto de 1-1.5% menor, debida ao aumento do SMI. SMI que efectivamente tivo unha subida importante, máis aínda totalmente insuficiente, como denuncia non so a CIG, senón tamén moitas economistas de renome. Esa menor creación de emprego estase a dar, nos sectores de traballo precario. É dicir, a subida do SMI está afectar, aos traballos que crean os patróns, aos cales gústalles denominarse empresarios. Dias despois, neste mesmo diario, aparecían as declaracións do máximo representante dos pequenos empresarios, chamando á non mobilización das traballadoras na defensa dos seus dereitos na comarca, debido a que pode crear un clima de crispación, que o que faga, é espantar as inversións que poidan vir do sector privado, sobre todo agora cos Next-Generation.


O que parece, é que ter traballo en condicións dignas, loitar polos dereitos das traballadoras, ante casos como o do carpinteiro, o cal moito Opus Dei mais pouco respectar a lei ou o dos trapitos, o cal, vaise embolsar un ano máis na súa conta privada, uns beneficios obscenos e non ten reparo en pechar tendas nesta comarca, dando elixir as traballadoras, entre aceptar outros empregos con condicións inhumanas ou apuntarse ao desemprego, protestar contra o venezolano, ao cal, o Sr Feixoo regaloulle as caixas públicas galegas, iso si, antes de regala-las, saneounas cos cartos deste povo e aínda así, o tipo non se corta en pechar oficinas, deixando grandes zonas da nosa localidade sen servizo, a pesar de bater records de beneficios, entre outras moitas accións, parece que para algunhas xentes que aínda teñen a mentalidade non de empresario senón de patrón, parece repito, que pode ser un handicap negativo a hora de que veñan as inversións a esta comarca.

Parabéns (I)

Te puede interesar