A vivienda pública (II)

É curioso que un goberno de esquerdas, que debería lexislar a favor dos menos podentes, veña agora a emendar unha das poucas leis favorables á xente humilde, prohibindo por lei, segundo declaración do Ministro señor Ábalos, a posibilidade de que os menos afortunados podan chegar a ser propietarios da súa vivenda. Por outra banda, existe a chamada lei da División Horizontal, feita para facilitar a separación entre as vivendas dun mesmo bloque, co obxectivo de posibilitar ás cases menos podentes, o acceso á propiedade da súa vivenda. É de salientar o comentario que na redacción desa lei aconsella desenvolvela e dotala das normas xurídicas correspondentes, para a súa mellor eficacia. Mais agora, semella que o actual goberno, nadando contra corrente, “prevé prohibir a privatización da vivenda pública”, cousa que, de aprobarse, pode poñer nas mans das administracións “propietarias”, o medio de estafar aos beneficiarios desas vivendas, como no caso do Concello de Ferrol, que se apropiou das vivendas protexidas de Recimil, que foron amortizadas polos veciños e que, en moitos casos investiron os seus aforros en modernizar o interior das súas vivendas, quedando ese investimento a favor do Concello. Se iso non é unha estafa, paréceselle moito. Ou non?

A vivienda pública (II)

Te puede interesar