Autoextinción

|

Fai uns días coñecíase nunha paxina de ciencia (phys.org), que unha universidade estatal dos EUA, a de Oregón, daba datos exactos, da localización de unha fuga continua de metano, nos fondos mariños da Antártida. Créese que nos polos hai tanto metano, que se seguese liberando, con certeza que a vida no planeta Terra para a especie humana, xunto con outras especies, será imposíbel. Tamén na nova, as científicas avisaban, de que hoxe en día nin nun futuro inmediato, teremos tecnoloxía para atrapar toda esta cantidade de metano, co cal o quecemento do planeta será máis e máis agresivo.


Isto confírmanos que é fulcral, que os plans para o 2050 de emisións 0 de gases de efecto invernadoiro (GEI) adiántense significativamente no tempo. Tamén cómpre, que os gobernos dos mal chamados países desenvolvidos, aporten maiores recursos económicos á investigación científica e sobre todo, que se investigue máis en ciencia base, xa que, moitos destes problemas asociados ao cambio climático e á perdida de biodiversidade, poden ser mitigados con solucións propias da natureza.


Non cabe a menor dúbida, que debemos cambiar moitas cousas do noso sistema de vida. Desde a alimentación, ou máis ben, o sistema de producir alimentos e o seu mercado, xa que, non é lóxico como din os de Veterinarios Sen Fronteiras (VSF), que medio millón de cochos entres no estado español provenientes de sudamérica e medio millón saian ao mesmo tempo do estado español cara a Europa e China. Tamén teremos que cambiar a nosa mobilidade, xa que, primeiro de nada non vai haber carros eléctricos para todas, nin a electrificación das nosas sociedades, vai ser posíbel, se seguimos co mesmo consumo que temos desde os anos 50-60. As científicas e outras expertas están a avisar, de que as cidades van crecer exponencialmente debido ao cambio climático e non vai ser posíbel, que en cidades de varios millóns de persoas, haxa varios millóns de carros privados. Por dar un dato as xeracións recentes teñen entre un 80-90% das súas membras a licenza de conducir, a diferencia das nacidas antes dos 70-80. É dicir son posíbeis compradoras de carro privado fundamentalmente. Con certeza teremos que ir cara outros métodos de mobilidade, onde o transporte público xunto coa bicicleta e a camiñada sexan prioritarios, aínda que si pode ter cabida o patinete eléctrico.


Xa para rematar, ou a clase política aborda o maior desafío no que está A Terra, deixando de lado os lucrativos beneficios de uns poucos, ou teremos que seguir o camiño da propia auto extinción da nosa nai Terra.

Autoextinción