Oito películas no cartel de Cine de Verán que Narón ofrecerá durante todo o mes

Oito películas no cartel de Cine de Verán que Narón ofrecerá durante todo o mes
Cine de Verán

O cine ao aire libre, tanto en espazos da zona urbana como das parroquias do rural, formará parte un verán máis da oferta de lecer programada polo Concello de Narón a través do Padroado da Cultura. Oito películas sucederánse en diferentes puntos do municipio ao longo do mes de xullo en sesións totalmente gratuítas e previstas para as 22.30 horas.

Abrirá o cartel, o vindeiro xoves día 8, o filme “A Lego película 2”, na Praza da Gándara. Ao día seguinte a actividade trasladarase á rúa Francisco Pizarro, na Solaina, onde o público poderá ver “Pérez 2”. Os días 15 e 16 de xullo, na Praza do colexio de Xuvia e na Praza de Galicia, serán proxectadas as películas “Maimiño” e “Bruxerías”, respectivamente.

O ciclo cotinuará o día 22 no Centro Cívico Social do Val con “Nocturna, unha aventura máxica” para ao día seguinte ofrecer na pista polideportiva de San Xiao “Folerpiña de neve”. As dúas últimas sesións terán lugar o 29 de xullo na pista polideportiva de Pedroso, co pase de “Pet 2” e o 30 na de San Mateo con “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, lembraron, na presentación do ciclo, o éxito da anterior convocatoria e animaron á veciñanza á asistir ás sesións.

Oito películas no cartel de Cine de Verán que Narón ofrecerá durante todo o mes

Te puede interesar