Queixas

Xa son múltiples as queixas e protestas da xente do sistema sanitario, desde os postos máis altos, ata os máis baixos, polo incivismo groseiro e arrogante daquela parte da poboación que participa en festas clandestinas, celebracións de calquera tipo, botellóns, etc., sen respectar as normas sanitarias, poñéndose en perigo de contaxio e ameazando, non só con contaxiar aos demais, senón ao propio persoal sanitario, coa posibilidade non pequena de que estes, por mor do seu arduo e intenso traballo nunha pandemia, poidan estender o contaxio a súas propias familias. Tamén aparecen algunhas voces indignadas de veciños que esixen “man dura” contra estes inimigos da saúde colectiva, reclamando incluso a volta ao sistema do servizo militar obrigatorio, como unha solución a tanto “desmadre”. Mais eu coido que esa non é unha solución, pois o problema de fondo está na ausencia de formación de xoves e non tan xoves, carentes dunha educación cívica eficaz, que os introduza no coñecemento da empatía e a solidariedade. Para os “cafres” de hoxe xa non hai remedio, pero para un futuro próximo, só hai unha solución: educación cívica. E coido que xa houbo algo desa materia no programa educativo, pero uns a puxeron e outros quitárona. E así nos vai. Non si?.

Queixas

Te puede interesar