Ns/nc

Cando un se vai facendo maior, en liñas xerais, adoita distanciarse máis das cousas, o que lle permite poder facer valoracións das mesmas con maior frialdade, o que, estimo, redunda en beneficio da imparcialidade. Aínda a sabendas do difícil que resulta ser minimamente imparcial diante de determinados feitos ou persoas.


Nestes días que corren volve ser noticia de primeiras planas o enésimo presunto caso de corrupción do PP, personificado, nada menos, que na exministra de Defensa e, principalmente, secretaria xeral do partido (2008-2018), María Dolores de Cospedal. Vén de imputala, como investigada, o xuíz da Audiencia Nacional que investiga o caso Kitchen, polos presuntos delitos de cohecho, malversación e tráfico de influencias. Semella non cousa menor, mais o PP, que se saiba, aínda non lle abriu o preceptivo expediente de acordo cos seus estatutos. É máis, puidemos ver e escoitar, o señor Casado botar balóns fóra cando foi preguntado sobre esta cuestión. Ao seu parecer, o asunto Cospedal non ten nada que ver coas súas responsabilidades e menos aínda “con las preocupaciones que tienen los españoles”. Desde logo que non teriamos remedio se tal cousa for así. Como non vai preocupar?


Xentes así contribúen a reforzar a miña xa moi minguada confianza na condición humana.

Ns/nc

Te puede interesar