A Universidade Sénior engade á súa oferta o programa “Novos retos en sustentabilidade”

A Universidade Sénior engade á súa oferta o programa “Novos retos en sustentabilidade”
Universidad de A Coruña | Quintana

A Universidade Sénior da Coruña vén de anunciar a ampliación da súa oferta formativa para as persoas que xa obtiveron a titulación de Graduado e queiran ampliar a súa formación. Este programa específico varía en función do campus e, así, no de Ferrol porase en marcha o vindeiro curso, que principia en outubro, o de “Novos retos en sustentabilidade”. En ámbolos dous casos, a duración será dun ano académico completo e desenvolverase de xeito presencial. A maiores, as persoas interesadas poderán cursar tamén un programa virutal que leva por título “Actualidade, ciencia, saúde e vida”.

O programa universitario para maiores da UDC está dirixido a persoas de 50 anos ou máis en situación laboral non activa. Trátase dun título propio –aínda que non oficial– que se estrutura en catro cursos. Cada ano inclúe dúas materias obrigatorias e un feixe de optativas do que se debe elixir unha máis. Desde a Universidade Sénior lémbrase que, ademais desta oferta, hai un amplo abano de actividades complementarias que van desde obradoiros, seminarios, ciclos de conferencias e outras propostas que abranguen unha gran variedade de temáticas. 



OS ALUMNOS NOVOS PODEN PREMATRICULARSE DESDE O VINDEIRO LUNS

As persoas que queiran comezar o título de Graduado Sénior poden preinscribirse do 7 ao 30 de xuño a través da web da UDC. O sorteo de prazas está fixado para o 2 de xullo e a partir desde día xa poderá formalizarse a matrícula: o primeiro prazo, ata o 6; o segundo, do 8 ao 11; e o terceiro, do 13 ao 15. Os alumnos que xa completaron o primeiro curso e queiran continuar poden matricularse –tamén on line– entre o 18 e o 27 deste mes de xuño.

No que respecta aos novos programas de formación específica, a preinscrición tamén vai do 18 ao 27 deste mes e o sorteo de prazas prevese para o 29, con dous prazos de matrícula: do 29 ao 4 de xullo o primeiro e do 6 ao 8 o segundo. Para o virtual a preinscrición comeza o 3 de xullo e para os talleres, o día 16 dese mesmo mes.


A Universidade Sénior engade á súa oferta o programa “Novos retos en sustentabilidade”

Te puede interesar