“On The Inside”, a mostra de Eloy Taboada, chega ao Océano Surf Museo o venres

“On The Inside”, a mostra de Eloy Taboada, chega ao Océano Surf Museo o venres
Eloy Taboada, fotógrafo ferrolano

O fotógrafo ferrolán Eloy Taboada inaugura este venres no Océano Surf Museo de Valdoviño a exposición “On The Inside”, unha mostra baseada no libro homónimo que Taboada presentou a finais do ano pasado e que inmortaliza os rostros de máis dun cento de surfistas que participaron no Pantín Classic en cinco edicións entre 2006 e 2019.


O acto de presentación está previsto para as 19.30 horas e contará tamén coa presenza do alcalde, Alberto González. Debido ás restricións derivadas da pandemia, para asistir cómpre inscribirse no correo electrónico oceanosurfmuseo@gmail.com.


Ata o 4 de xullo

A exposición poderá visitarse ata o 4 de xullo, día no que tamén remata a propia proba deportiva deste ano. O horario de apertura do museo é de martes a domingo entre as 11.00 e as 14.00 horas e os venres, sábados e domingos de cinco a sete da tarde. Ata o 15 de xuño, ademais, a mostra será visitable tamén no horario de apertura da biblioteca do museo, é dicir, de luns a venres entre as catro e as oito. 

“On The Inside”, a mostra de Eloy Taboada, chega ao Océano Surf Museo o venres

Te puede interesar