Reivindicación sobre o naval a través da pintura en San Valentín

|

O barrio fenés de San valentín acolleu a iniciativa "Mar e ferro", unha xornada de reivindicación sobre a situación da construción naval na comarca a través da pintura. A idea do Centro de Promoción Social, Radio Fene e o debuxante Xaquín Marín implicou a máis de 30 pintores da comarca, A Coruña, a Costa da Morte ou incluso Polonia, que plasmaron cos pinceis a vinculación do barrio coa defensa do naval. Poesía, música e proxección de documentais completaron unha xornada lúdica que podería ter continuidade en futuros anos.

Reivindicación sobre o naval a través da pintura en San Valentín