O PSOE de Ares arremete contra o BNG por pedir “recorte en servizos”

A agrupación socialista de Ares acusa ó BNG de estar \“supeditado aos intereses do Partido Popular\” por reclamar \“que o grupo de goberno recorte en servizos, como o da Polícia Local ou o que se presta na Casa da Xuventude, e mesmo que se despida a persoal municipal\”. Así o fan constar nun comunicado de prensa moi duro coa formación nacionalista local, á que acusan de manter \“posicións totalmente liberais e de dereitas\”. \“O que o BNG esixe noutras administracións ao PP, aquí, coa mesma excusa da crise económica que empregan os conservadores para destruír os investimentos e os servizos públicos, así como o mantemento dos postos de traballo, nos piden recortes en servizos importantes e despidos\”, apuntan desde o grupo socialista.

O conflito xorde en torno ás prazas de auxiliar na Casa da Xuventude e na Policía, que mentres para o BNG son de nova creación, para o goberno local son unha prórroga. Para o PSOE, o comportamento do Bloque neste asunto é obsesivo, posto que \“non se pode estar día tras día pedindo en todos os foros os despidos de traballadores\”.

Ademais, aproveitan esta polémica para arremeter contra o que consideran unha política \“desnortada\” do BNG, \“que o está a levar a defender actuacións nunha administración e logo rexeitala ou absterse noutras\”. Como exemplo poñen as obras de mellora na estrada de Chanteiro, que tivo a abstención nacionalista na Deputación. Tamén denuncian o desinterese que mostran por temas como o mosteiro de Santa Catalina.

O PSOE de Ares arremete contra o BNG por pedir “recorte en servizos”

Te puede interesar