A CIG denuncia máis recortes no curso escolar en Infantil e Primaria, que principia esta mañá

A CIG denuncia máis recortes no curso escolar en Infantil e Primaria, que principia esta mañá
Rolda de Prensa de CIG Ensino

A CIG-Ensino denunciou onte máis recortes no inicio do curso escolar 2014/2015 que principia hoxe nos niveis de Infantil e Primaria na comarca, coa supresión de unidades –dúas no CEIP O Ramo de Fene con só un alumno menos que o ano anterior–, o incremento dos agrupamentos –no primeiro ciclo de Primaria do Maciñeira de Neda ou en 5º de Infantil en San Sadurniño e no José María Lage de Ortigueira–, o incumprimento das ratios –Nicolás del Río de Cedeira, Atios, Esteiro e Isaac Peral, no que pode haber unha aula de 4º de Infantil con 28 cativos– e \“redución brutal\” na atención á diversidade.
A secretaria comarcal da Federación, Tona Martínez, explicou que a Consellería de Educación afondará na política de diminución de recursos que vén \“aplicando o PP desde que chegou ao goberno da Xunta\” e rexeitou que estea baseado en criterios económicos. Para xustificalo, puxo o exemplo da redución de docentes especialistas en Pedagoxía Terapéutica –PT– e Audición e Linguaxe –AL–. \“Desde hai tres anos\”, apuntou, \“son itinerantes e cada curso comparten máis centros; de feito, precisou, \“temos o caso dunha orientadora destinada aos centros de Moeche, A Barqueira, Somozas e Cariño\”. \“Isto non é máis barato\”, insistiu, \“que contratar docentes, pois ao pagamento da quilometraxe hai que engadir a redución horaria á que obriga a lei nestes casos, o que repercute no número de horas que lle tocaría a cada centro e, en consecuencia, na atención dos nenos con necesidades especiais\”.

ratios
\“Interesa deteriorar e desprestixiar o ensino público\”, subliñou a secretaria comarcal da CIG-Ensino, que fixo fincapé no aumento das ratios. \“A lexislación permite incrementar nun 10% o número de alumnos en casos excepcionais de matrícula tardía, non no periodo ordinario\”, como, asegurou, está a estender a Consellería de Educación nos periodos de matriculación ordinaria. \“Estase a converter a excepcionalidade en normalidade\”, sinalou.
Tal é o caso, explicou, do CEIP Isaac Peral, aínda que neste centro, dixo, concorren circunstancias especiais debido ao convenio de cesión por parte do Ministerio de Defensa asinado coa Consellería de Educación no ano 2000. Neste, priorízase en calquera caso a matrícula de fillos de militares. \“Nós xa denunciamos a anticonstitucionalidade deste acordo porque fomenta a desigualdade no acceso ao ensino\”, lembrou.
Por outra parte, a CIG criticou o \“caos\” coa que Educación está comezando a aplicar a Lomce –este curso en 1º, 3º e 5º de Primaria– e a saturación da carga lectiva nos docentes que impedirá facer a transición de xeito organizado. n

A CIG denuncia máis recortes no curso escolar en Infantil e Primaria, que principia esta mañá

Te puede interesar