Tempo ao tempo

As présas nunca foron boas conselleiras”, “Chi va piano va lontano”, “Vísteme despacio que tengo prisa”... son tres mostras do inmenso lote de ditos, paremias, probervios... dos que poderiamos ter botado man entre os que adoitan utilizarse en todos os idiomas para relaxar os ánimos do persoal cando se mostra ansioso agardando algo que parece non chegar nunca. “Bisogna dare tempo al tempo”, que din os italianos, é expresión que tiven e teño por costume aplicar ao meu día a día. Desde que se comezou a falar da vacinación contra o SARS-CoV-2 foron moitas as noticias aparecidas ao redor do tema: eficacias, prazos, grupos, idades, tipos de vacina..., onde tamén a rumoroloxía xogou o seu sempre negativo papel. Todo o mundo, dun xeito ou doutro, con maior ou menor responsabilidade, cometeu e segue a cometer -que isto aínda non acabou- erros que, como non, lonxe de ser asumidos, se procurou apor ao contrario. Cada mudanza de plan xerou críticas de todo tipo e moita xente perdeu a paciencia e a credibilidade, co que iso conleva. Non tiven ansiedade, pero si pasei por algún que outro enfado. Mais, os días chegaron e desde antonte xa tou vacinado. Dá certa tranquilidade, mais convén manter a prudencia. É preciso dar tempo ao tempo.

Tempo ao tempo

Te puede interesar