Gran festa en Narón arredor das Letras

Gran festa en Narón arredor das Letras
Representación do proxecto de Mamá Cabra & Bellón Maceiras | Jorge Meis

Cun intenso e variado programa de propostas celebrou onte o Concello de Narón o Día das Letras Galegas. Fíxoo na Praza da Lectura, escenario polo que durante ao longo da xornada foron pasando diferentes formacións para bailar, cantar e narrar historias dirixidas ao público familiar no marco do programa “N de Narón. A festa das letras”.


Soraya Lema, coa peza “Aldara na montaña” e Golfiños, co seu espectáculo “O soño dos golfiños” protagonizaron as citas da mañá. De abrir a quenda da tarde encargouse a compañía Eléctrica, con “Carabranca”, á que seguiu Pérez&Fernández con “Picnic”. 


A última das propostas da gran festa chegou da man do novo proxecto “A música das buguinas” creado polo grupo Mamá Cabra xunto á formación musical Bellón & Maceiras a partir dun conto de Pepablo Patinho.
O público puido gozar así deste concerto didáctico dramatizado que conta a historia de Roque, un neno que vive en Moeche, a través do que se vai facendo un achegamento á música tradicional, ás vestimentas..., etc.
Na carpa instalada na Praza da Lectura houbo tamén espazo para a Biblioteca Municipal, que montou para a ocasión unha exposición bibliográfica dos autores e autoras homenaxeados no Día das Letras Galegas nos últimos dez anos e tamén varias novidades publicadas en galego.


Dúas librarías do concello naronés secundaron tamén onte a Festa das letras de Narón. Pasapáxinas e Day instalaron sendos postos na praza para achegar ao público as novidades editoriais. No caso do segundo dos establecementos, organizou ademais varias sinaturas de libros coa presenza de autores como Paula Merlán, Ana Meilán, Ana Varela e Antón Cortizas.

Gran festa en Narón arredor das Letras

Te puede interesar