Todos a unha

Os derradeiros informes da ONU sobre o estado do planeta, están a avisar que a Terra está a sofrer un ritmo de degradación intenso. A perda de biodiversidade, un dos factores xunto co quecemento do planeta máis preocupantes que estamos a parecer, está a coller uns ritmos alarmantes. É indubidábel, que o cambio do noso modelo de vida, o cambio do sistema económico, por un sistema que de prioridade o cuidado do planeta por enriba dos lucros das grandes multinacionais, primeiras responsábeis do kaos medio ambiental do planeta que estamos a padecer, é urxente.


Máis parece que as forzas políticas dominantes, a pesar de coñecer isto, seguen a darlle prioridade aos grandes lucros económicos, antes que a saúde da Terra. E digo isto, porque o novo cambio de paradigma de enerxía, no cal pasamos de un modelo intensivo” Carbón- Petróleo” por un modelo extensivo “Eólica-Solar”, vai supor seguir na senda da degradación da natureza e os seus hábitats, xa que, estase a favorecer mega-proxectos, moitas veces intelixentemente disimulados con o fraccionamento dos mesmos, como estamos a comprobar na Galiza e máis concretamente estamos en risco de sufrilos, acó en Ferrol. A Xunta de Galiza, xunto co estado español, decidiron que Galiza sexa zona líder de produción de enerxía eólica para exportación, quer a través da rede quer a través do chamado Hidróxeno Verde de Europa. Hoxe en día Galiza produce máis eólica que Bélxica e Holanda xuntas. Un goberno do PP que pon por diante a colocación dos seus ex-dirixentes nas grandes firmas de renovábeis, como estamos a comprobar cos fichaxes de Beatriz Mato- Antonio Couceiro-Eduardo Serra e Ana de Palacio, por firmas como Greenalia ou Ecoener, que o país. Ferrol pode sufrir esta eolificación do territorio da Galiza, na zona dos montes do Cha-Monteventoso-Covas entre outros, senón nos mobilizamos para impedir esta instalación, de un parque fraccionado interesadamente, para a súa máis doada aprobación por parte da Xunta. O PP está a favorecer os eólicos, baixo a falsa premisa de dinamización do territorio, cando a realidade é, que onde se instalan estes proxectos, desaparece toda a economía da zona, onde non so non hai crecemento demográfico, senón que incluso este diminúe, ao pasarse a unha economía de monocultivo dos aeroxeradores de vento, xunto co grave deterioro medioambiental que producen estas instalacións.


Xa para rematar, é fulcral que a sociedade ferrolá, se conciencie deste novo atentado contra Galiza, neste caso contra o Ferrol e empecemos a mobilizarnos todas a una, baixo a premisa de que enerxías renovábeis si, máis non deste xeito. “O desenvolvemento da enerxía eólica en Galiza constata, o papel pasivo dos afectados, fronte o papel activo dos agresores e beneficiarios” Luis Bara (parlamentario do BNG na Xunta).

Todos a unha

Te puede interesar