Moeche rende mañá homenaxe á canteira Soledad Campos cunha placa e unha figura en Felgosa

Moeche rende mañá homenaxe á canteira Soledad Campos cunha placa e unha figura en Felgosa
Foto cedida pola familia ao Concello

O Concello de Moeche retoma mañá, Día da Nai, a homenaxe a Soledad Campos Gil que tiña previsto realizar o 25 de no-vembro –día da eliminación da violencia contra as mulleres– e que se suspendeu debido á situación sanitaria. Esta muller, nacida en Felgosa, parroquia de San Xurxo, en 1901, foi de familia de canteiros e continuou coa tradición familiar, rachando coa división do traballo por sexos. Especializouse en extraer, cortar e preparar pequenos anacos de serpentinita –unha das rochas que compoñen o toelo–, que vendía aos estaleiros para usarse como xiz.


O acto de homenaxe de mañá levarase a cabo na súa parroquia natal ás 12.30 horas. Acudirán familiares, representantes da ANPA do CEIP San Ramón, de colectivos veciñais e membros da corporación, así como calquera que queira achegarse ao aparcadoiro do castelo. Tamén estarán representantes do comité de empresa de Navantia e responsables de Caleras de Moeche, a empresa que explota as canteiras existentes na parroquia. Descubrirase unha placa e unha figura na súa honra esculpida con pedra de Moeche polo artista Carlos García. 

Moeche rende mañá homenaxe á canteira Soledad Campos cunha placa e unha figura en Felgosa

Te puede interesar