Pontedeume achega 60.000 euros a unha segunda liña de axudas a afectados polo covid

Pontedeume achega 60.000 euros a unha segunda liña de axudas a afectados polo covid
Pontedeume habilita unha segunda liña de axudas e outra tralo verán | d.a.

Pontedeume disporá dunha segunda liña de axudas directas a autónomos cunha dotación de 60.000 euros. Este é un dos destinos dos cerca de 500.000 euros que se habilitaron no pleno ordinario, por unanimidade, para a realización de diferentes obras e proxectos. Desde o Concello salientan que son dos poucos que habilitan unha segunda convocatoria de axudas e que, despois do verán, haberá unha terceira. As bases reguladoras serán publicadas en breve e serán máis sinxelas para poder acelerar a súa tramitación.


O goberno local lembra que en maio do ano pasado se activou unha primeira liña de subvencións aos autónomos afectados pola crise do covid. Chegou a máis de 70 beneficiarios e serviu para subvencionar custes como as cotas da Seguridade Social ou gastos de xestoría, entre outros, a aqueles negocios obrigados a pechar durante o confinamento.


Tamén destacan outras medidas de apoio como a suspensión do cobro da taxa de terrazas ou as campañas de promoción. 


O BNG eumés pide a inclusión como área Rexurbe e máis peonalización

O BNG de Pontedeume propón medidas encamiñadas a aumentar as zonas peonís e mellorar a mobilidade sostible na localidade, así como a inclusión do casco histórico como área Rexurbe para que se poidan rehabilitar edificios con fondos do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Nun comunicado, o seu voceiro, Luís Pena, pide que se habiliten zonas de estacionamento exclusivas para residentes e que se aumente a peonalización no entorno da praza do Conde e da Alameda. Tamén pide a redución dos coches estacionados no adro da igrexa ou na praza de San Roque. No tocante á rehabilitación, reclama impulso público para que as persoas propietarias poidan rehabilitar e tamén a adquisición e rehabilitación por parte do IGVS para logo darlles uso social. 

Pontedeume achega 60.000 euros a unha segunda liña de axudas a afectados polo covid

Te puede interesar