Non se entende

Desde logo, eu non o entendo. Coido que non se pode entender que, persoas con estudos, cun amplo bagaxe cultural, utilicen a palabra “eliminar” para definir o acto da eutanasia. Como pode compararse o acto de axudar a morrer a quen non quere nin pode vivir cun asasinato? Como se pode defender o sufrimento dun enfermo terminal, simplemente porque o sufrimento existe e,” hai que roelo”, como a aquel equipo do Pontevedra dos seus bos tempos? Como se pode afirmar que a eutanasia impón aos médicos a tarefa de matar a un paciente? Coido que só desde unha mente retorcida ou gravemente influenciada por algún sentimento relixioso e sectario, se pode asumir o sufrimento como algo bo e necesario. Nembargante, hipocritamente, se admiten os coidados paliativos, que son, realmente a outra cara da mesma moeda, é dicir, o xeito de axudar a morrer co menor sufrimento posible. Sufrimento do paciente e dos que con el sofren. E non hai, non pode haber outra cousa, que agradecemento, para o médico e os seus axudantes, cando toman esa difícil decisión, despois de haber feito todo o humanamente posible por salvar unha vida que xa chegou ao punto de “non retorno”. Coidados paliativos sempre, por suposto, pero, e despois?

Non se entende

Te puede interesar