Moral

|

O noso diccionario define a Moral, como o “ conxunto dos costumes e opinións éticas dun individuo ou dun grupo social”, e tamén como o “conxunto de normas de conducta consideradas universalmente válidas”. Segundo estas definicións, hai que admitir que a Moral non é unha premisa invariable como se fose unha fórmula matemática. É dicir, que cada quen ten dereito a presumir da súa particular moral e, xa que logo, pode considerar unha inmoralidade a aprobación da lei da eutanasia e a súa celebración. Mais a cuestión é que iso significa tachar de inmorais a quen aprobou e celebrou a aprobación da mentada lei. Nembargante, se esa norma é considerada socialmente válida, significará que os pretendidos moralistas son quen marchan co pé cambiado, porque son “zurdos de mentalidade”, co resultado desconcertante de que ese tipo de zurdos pertence á xente de dereitas, que pode alporizarse porque se permita rematar co sufrimento inhumano dunha persoa, mais sen mover un dedo por aliviar a fame de tantos nenos no mundo. Zurdos si, pero non de esquerdas. Non é?

Moral