Vai por ti, Abel

Fai unhas semanas coñecíase a morte de Abel un dos fillos de Carmen Avendaño, máis coñecida como nai coraxe. Unha nai que non se cortou en denunciar a impunidade deste grupo de miserábeis depredadores galegos, que non tiveron ningún reparo en ofrecerse ao sistema, para dirixir a comercialización dos velenos capitalistas da heroína, cocaína e hachis, sobre todo destes dous últimos. Unha nai que tivo que aturar de todo por parte desta ralea ,máis tamén como ela contou máis dunha vez, de supostos intachables da sociedade, que unha e outra vez quixeron amedrentala e mercala, para que abandonase a súa loita.


Máis Abel foi pola súa idade, a segunda xeración de drogo-dependentes que xunto coa primeira, máis pagaron as necesidades de cartos fáciles e rápidos do sistema capitalista. Uns velenos que na década dos 80-90 e principios deste século, deixaron barrios enteiros baleiros da nosa mocidade, mentres hoxe en día esta peste, que compre dicir, no son máis que os cabezas de turco deste avarento negocio capitalista, paséanse con toda impunidade polas nosas cidades, sen que o sistema actúe. Porque xa desde vai tempo, cando os resortes que ten a sociedade actúan, é para meter en prisión, a efímeros traficantes.


Porque na suposta loita contra o narcotráfico que teñen os nosos gobernos, social demócratas e neo liberais, no estado español pasamos, da ducia de celulares do narco, ao coche fantástico do célebre Sito Miñanco, para acabar no narco submarino de Julio Verne. Porque para imaxinación a dos ministros do interior.


É indubidábel que os únicos responsábeis deste holocausto que estase a cometer contra a nosa mocidade, contra as familias, os únicos responsábeis son a clase política que permite que isto suceda, co fin de beneficiar aos grandes centros de poder económico do planeta. Hoxe en día so un incrédulo pode pensar, de que efectivamente hai unha guerra contra as drogas e que o combate máis efectivo, é o policial e xudicial. O único combate posíbel é legalizar estes velenos que o propio capitalismo creou, xunto con pedagoxía desde idades moi cedas nas escolas, para que as meniñas comencen a coñecer, os verdadeiros perigos de practicar nas súas vidas de adolescentes, este tipo de condutas de risco.


Xa para rematar con certeza que Abel e toda a rapazada que intentou ou está a intentar saírse deste inferno que supón o consumo de drogas, sufriu ou está a sufrir a persecución destes malnacidos e os seus protectores, para que desistan no seu intento, teñan a boca pechada e sigan a xerar inmensos beneficios ao capital. Sería bo que todas as que fomos vítimas quer consumidoras quer as nosas familias nos unísemos, para levar aos tribunais de xustiza universal, aos grandes bancos e centros do poder económico, nunha demanda multibillonaria, coa cal quedase ben claro, quen son os verdadeiros narcotraficantes, quen son os verdadeiros responsábeis deste holocausto contra a xuventude e quen son os maiores responsábeis do desangre e derrubamento das nosas familias cristiáns e non cristiáns.

Vai por ti, Abel

Te puede interesar