Eficacia

Coido eu que, en política, os Gobernos pódense e débense xulgar pola la eficacia das súas decisión, mais coido tamén, que pódese e débese xulgar do mesmo xeito a eficacia das intervencións da Oposición. No caso da actual Pandemia do Covic 19, semella que os nosos gobernantes non estiveron moi acertados, o que non é estraño pois é un problema ata agora moi pouco coñecido e que incluso desconcertou á Organización Mundial da Saúde que, teoricamente, son os que máis saben de cousas así. Neste caso, a Oposición aproveitou para cargar ferozmente contra o Goberno, pero sen presentar alternativas ás medidas aplicadas, limitándose a cualificalas de tardías ou insuficientes, acusándoo de centralista e pedindo liberdade para as Autonomías, para protestar máis tarde por descargar nelas as súas obrigas. É dicir, se mandas porque mandas e se non mandas tamén. Eu non lle quito á Oposición o seu dereito a protestar, mais teño moitas dúbidas sobre a súa eficacia. Claro que, a quen lle importan as miñas dúbidas?

Eficacia

Te puede interesar