Grazas

Hai cuestións das que me resulta incómodo falar, non dou a altura. Pero hoxe voume a tomar a liberdade de render unha homenaxe a toda aquela xente que deixou a vida ou un fragmento dela na loita antifranquista. Non me quero referir só aos seus principais ou máis destacados protagonistas cuxos nomes mal que ben son recolleitos pola historia de tan escura etapa. O meu recordo vai hoxe fundamentalmente para as compañeiras e compañeiros, para as familias, para as amizades deses personaxes que encarnaron un ideal de liberdade. Case sempre cometemos o erro de medir o sufrimento en términos absolutos, referidos a situacións ou feitos excepcionais, pero igualmente devastadora preséntasenos a cotidianeidade resultante deles.

Non son eu quen para xulgar a fortuna que alguén tivo na vida pero si sei da miña sorte por coñecer a determinadas persoas, aquelas que realmente fanche mellor… grazas Carmela.

Grazas

Te puede interesar