Convenio ou timo?

O anuncio de que o alcalde de Ferrol quere firmar o Convenio con Defensa, faime lembrar aqueles convenios da Bazán, que en principio, parecían unha boa solución para os conflitos laborais, pero que, máis tarde, convertéronse nun auténtico timo; porque primeiro había que facer folgas para firmalo e despois, había que loitar para acadar que se cumprise o firmado, de xeito que o gañado polo novo convenio, xa o tiñamos perdido polas folgas. 

Por iso, cando se fala de convenios con Defensa, a min actívanseme todas as alarmas. Para comezar, eu non entendo que teñamos que pagar polos solares que terían que reverter automaticamente para o noso Concello, desque non son utilizados para o fin previsto. E se queren levar os edificios, que os leven, ou senón, que paguen o custo da demolición. 

Pero pagar por algo noso e cheo de escombros, pola miña parte non. Xa abonda de facer o parvo. Digo eu.

Convenio ou timo?

Te puede interesar