Desactivadas

|

Os programas integrados de emprego son unha medida activa dirixida a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas. Para tal fin establecense plans integrais que combinan accións de información, formación e práctica laboral.
De prazo mínimo dun ano deben contar con 85 persoas dos colectivos máis vulnerables.
O concello de Cedeira que lideraba o proxecto A-ctivate, xunto con Cariño e Cerdido, ven de renunciar en maio á subvención de 204.000 euros concedida pola Consellería de Emprego para a súa posta en marcha. Dúas foron as razóns principais: Retraso na comunicación aprobatoria –xa é costume-por parte da Xunta–, só dous días antes da data de execución. E a falta de persoal suficiente e cualificado para un proxecto de tal complexidade. É urxente correxir erros nas administracións, non se pode, non se debe deixar desactivadas ás persoas, xa seleccionadas, que máis apoio necesitan.   
 

Desactivadas