Están de noraboa as persoas que utilizan as rodas pequenas para o seu desprazamento polas rúas da cidade, pois están a amañar as esquinas dos cruces, rebaixando as alturas das beirarrúas para facilitar o paso dos carriños persoais, dos carriños dos nenos e os das bolsas da compra, que para a xente maior son imprescindibles. A simple vista semella que os traballos están quedando ben, mais haberá que buscar o xeito de que non aparquen enriba os das rodas grandes, pois logo esbandallan todo o labor feito. De calquera xeito coido que é un acerto deste goberno municipal, emprender tarefas que outros non fixeron, rompendo coa manía de desfacer o que fixeron “os outros”, tal como parecía ser a norma con gobernos anteriores. Coido que é digna de agradecer a idea de mellorar , aínda que só sexa un pouquiño, a vida e o día a día, de toda esa xente “das rodas pequenas”. Que tamén teñen os seus dereitos, digo eu. Por aí deberían ir os esforzos do Concello. Paréceme a min, claro.