Lumes

|

Non é por levarlle a contraria ao noso Presidente Feijóo, pero paréceme demasiado simple botarlle a culpa ao “terrorismo incendiario”, da vaga de lumes sufrida nestes últimos días. Eu non acredito na existencia de tantos pirómanos, pois sería tanto como admitir que Galicia, Portugal e tamén Asturias, están cheas de enfermos mentais. E no caso dunha “conspiración incendiaria”, non me parece probable a idea de alguén tirando proveito  de situacións tan distantes e distintas. Por outra banda, os entendidos explican a existencia de lume, coa conxunción de al menos tres elementos: aire (osíxeno), combustible e alta temperatura (natural ou provocada). Xa que logo, bastaría con eliminar unha das tres para que non houbese lume. Coido que de non se realizar uns traballos de limpeza encamiñados á prevención, estarase a colaborar cos supostos pirómanos, convertendo os montes en auténticos polvoriños. Mais, cantas veces se falou disto? E, que se fixo? E pois logo, non hai maneira?

Lumes