GALIZA, DE SUBMISIÓNS E PROTESTAS

Segundo datos do Ministerio de Traballo, Galiza foi a segunda autonomía, despois de Catalunya, polo número de participantes en folgas durante o período de xaneiro-agosto deste ano. Pararon 14.181 persoas no noso país e 51.759 en Catalunya, dun total de 118.158 participantes en todo o Estado español. Mesmo sabendo que estas cifras están moi mediatizadas, xa que as empresas tenden a rebaixar a participación, resulta evidente que o número de folgas reduciuse moito durante a crise. Por exemplo, no ano 2007 pararan na Galiza 111.173 persoas dun total de 492.150 no Estado. Sen dúbida contribuíu a esta tendencia a alta taxa de desemprego, a inmensa reserva de man de obra, e a emigración dunha parte da mocidade, así como unha certa actitude derrotista nunha parte dos dirixentes sindicais.
Agora ben, para alén deste dato, cómpre destacar que os/as participantes superaran en moito en porcentaxe o noso peso demográfico. Este aspecto tamén se evidencia nun informe de Esculca: “Galiza é a terceira comunidade do Estado español, excluíndo Madrid, da que non hai datos, con máis persoas expedientadas e multas impostas polo Goberno en protestas, segundo datos do Ministerio do Interior. Só entre os meses de xaneiro 2012 e setembro 2013 foron abertos 110 expedientes sendo que as sancións económicas ascenderon a 35.100 euros, “unha cuarta parte do total” de todo o Estado español”. 
Os anteriores son datos que caracterizan o noso país como un dos que máis se mobilizan en protesta polos recortes laborais e sociais, contra as inxustizas, ou en defensa de temas identitarios, como o lingüístico. Reflicten unha realidade que contrasta co estereotipo que se dá dende os medios e os grupos de poder do Estado, de sermos os galegos e galegas persoas traballadoras mais sempre submisas aos poderosos. Se cadra se nos albisque deste xeito porque a forte contestación laboral e social (Nunca Máis e folgas xerais, por exemplo) non se converten despois en forza política abondo para transformar a fondo a situación, gañando en soberanía e xustiza social. Os poucos representantes das clases populares nas institucións son reflexo diso

GALIZA, DE SUBMISIÓNS E PROTESTAS

Te puede interesar