Festa nacional

|

A festa nacional de España, denominada nos inicios Día da Raza e logo da Hispanidade, foi ideada polo ex-ministro Faustino Rodríguez, cando era presidente da Unión Ibero-Americana, co fin de crear unha festividade que unise o noso país con Iberoamérica. De aí que se celebre tamén en boa parte dos países americanos con diferentes denominacións. En España tivo lugar por vez primeira en 1914 e fíxose oficial a partir do ano 1918. En 1997, un real decreto aznarista estableceu para o festexo un desfile militar que, se pretendía ser unha demostración de poderío bélico, quedou lonxe desa imaxe, ademais de non cadrar co obxectivo inicial da celebración. 

Incomódame a normalidade coa que se ve a presenza de menores, incluídas as infantas, nunha exhibición armamentística. Vaia mensaxe! Mais creo interesantes os  variados comentarios da xente respecto da celebración. Eis o dito por un varón de entre 45-50 anos na barra dunha “pulpeira” coruñesa: “O que máis me jode de toda esta parafernalia é ter que manter a Leticia. Unha separada e do pobo, coma nós. Cómpre analizar devagar a cerna da mensaxe.

Festa nacional