Desacougado

As declaracións dalgúns cargos e analistas políticos, sobre os últimos sucesos na política estatal, téñenme desacougado, seguramente pola miña falta de coñecemento do sistema.  Resulta que se menospreza ao novo presidente, por perder dúas votacións e por ter chegado ao poder “pola porta de atrás”, axudado por populistas e independentistas. Mais pregunto eu: Quen saíu gañando nas que el perdeu? Non foi o PP, axudado polos mesmos grupos citados? Non perderon eles por maioría absoluta, unha votación que demostra que xa non os aturan? Se “un prato é un prato”, un voto será un voto, con urna ou sen urna, ou non é? E, se a unha moción de censura que figura na Constitución, se lle chama “a porta de atrás”, como haberá que chamarlle ao feito de utilizar medios económicos ilegais para gañar as eleccións? Non é un caso de dopaxe como os dos malos deportistas? Quen utilizou a corrupción para acadar o poder, custase o que custase? Xuro que non remato de entendelo. E vostedes?

Desacougado

Te puede interesar