E LOGO CUNDIRÁ O EXEMPLO?

Unha das cousas máis requetesabidas do funcionamento do noso sistema –e non só o político– é que aquí, por norma, agás moi escasas e honrosas excepcións, non dimite ninguén. Nin do posto de felpudo do xefe de turno. Con todo, acaba de producirse unha importante dimisión. Non sabería dicir se honrosa, mais, no remate de contas, dimisión. Disque, así sexa en boa hora, Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez marcha da política tras renunciar ó Ministerio e mais ó Congreso dos Deputados. Non é sen tempo, porque en 1983 xa foi elixido concelleiro de Madrid. Só leva en cargos públicos 31 anos dos 56 que ten. Cazi ná! Aínda que podería volver ó seu posto de fical na Audiencia de Málaga  non me parece que lle vai dar por aí. Mais me inclino por unha despedida transitoria: “Por que me dejas marchar/sin ti yo no viviré,/no sabes que pena/tengo en mi alma//Me voy pero volveré/tú nunca dudes de mí,/así te lo prometo a tí, Norma mía”. A norma con minúscula, evidentemente.

 

E LOGO CUNDIRÁ O EXEMPLO?

Te puede interesar