Deseleixo

|

Odesinterese por acadar unha solución definitiva para as Casas Baratas de Recimil, seica que continúa aínda hoxe, malia o cambio da política municipal aplicada a esta barriada, agora clasificada como “Patrimonio Cultural Galego” e que, fora branco de furiosos ataques de derribo. Certo que se están a facer importantes obras no que atinxe ao exterior de algúns dos edificios, pero cun desleixo total cara a outros, que seguen con tubería de chumbo na auga potable, sen a separación de augas residuais e pluviais ou remendos incribles nos tellados, o que significa amañar unha parte e abandonar o mantemento da outra. Seguramente, este abandono raiano no desprezo, é inducido pola actitude de unha parte da cidadanía que, intoxicada por informacións interesadas, era partidaria de demoler a barriada e “con todos dentro”. Hoxe este aspecto semella ter cambiado, malia que, como no himno galego, aínda segue habendo “iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros” que, “non nos entenden, non”. Pois si.

Deseleixo