Hai goberno e falla oposición

O debate da Autonomía deixou ás claras a situación política de Galicia. Temos un goberno cunha folla de ruta clara: superar a crise e meter a Galicia na senda da recuperación económica e da creación de emprego. Da outra banda, o que se viu foi unha oposición dividida e fragmentada que non é quen de porse de acordo nas súas propias propostas. Galicia ten goberno que sabe en que dirección camiña. E por iso Feijóo anunciou unha reducción do IRPF para as familias de rendas máis baixas,  unha bonificación para os gastos de gardería do segundo fillo, ou importantes medidas de apoio oara os emprendedores. Pero o que é máis importante, Galicia ten un goberno sensible, un goberno que incrementou a Renta de Inclusión Social nun 60%, que subiu o número de prazas de comedores escolares ou as prazas de maiores en centros de día ou residencia. Mentras outras comunidades non son quen de pagar as nóminas dos seus empregados, Galicia blinda os servicios públicos.  Porque hai goberno. Din que volve o PSOE. Pero non se ver por onde.

 

Hai goberno e falla oposición

Te puede interesar