Outra oportunidade

|

ausencia de voces que puxeran, nos distintos niveis de negociación, alternativas  económicas,sociais,políticas e culturais acaídas ao noso país foi manifesta na lexislatura que finou. 
Así pois, a repetición electoral abre una nova oportunidade ás organización galeguistas e soberanistas galegas para acordar unha proposta unitaria e, dese xeito, conectar coa arela de milleiros de compatriotas que ficaron defraudados na anterior convocatoria electoral. E, por outralado, as circunstancias actuais de crise que ameaza o noso tecido económico e as negociacións do novo marco político (tal como aconteceu nos setenta e oitenta), obrigan á concentración de forzas. Esta realidade esixe xenerosidade e altura de miras... A coalición, alén de ilusionar, abre portas e xanelas.
BNG, CxG e EM poden sumar e seren útiles ao noso país ou competir  ficando no testemuñalismo e a resistencia.Probablemente sexa o último tren.  

Outra oportunidade