Pasmado, unha vez máis

Algún que lea esto poderá entender que isto de pasmado é conxénito a moita xente; mesmo eu, dirían moitos, incluso amigos, ou non tanto como dí máis de un, son un pasmado. Pero entón, un día como hoxe, tería que darlles a razón. Son un pasmado porque, por exemplo, e aínda que non sei moito sobre esto da xestión pública e os nosos gobernantes, pensei que o feito de que un alcalde se comprometa baixo palabra a facer tal ou cal cousa nunha data concreta conleva que, se o dí, é porque pensaba facelo. Pero xa vin pola mañanciña que non era tal. Falo dos presupuestos, que xa non sei se fan moita falta ou non, tendo en conta que os xa non tan novos –no cargo– alcaldes que temos aquí no noso Ferrol, seguen a vivir dos que deixaron os que lles precederon. Entendo que tal cousa, o da prórroga ou o da imposibilidade de facer ou querer facer algo estivera xustificado polo feito de que a cousa non dependera só da administración local. Pero tal non é. Eu propoño que non dean datas, que así, o menos, non temos que esperar nada.

Pasmado, unha vez máis

Te puede interesar