Matinar

|

Dixo un importante político que a esquerda nunca fora separatista. Supoño que esta afirmación, como tantas en política, habería que analizala con prudencia, porque se é verdade, poderíamos tirar dela conclusións desacougantes; como por exemplo, que os separatistas cataláns non son de esquerdas e que, estando contra a dereita, só poderían ser de ultra dereita, ou sexa, “fachas”, que é o que eles chaman aos non separatistas. Por outra banda, tampouco se entendería que, forzas que se din de esquerdas declaren o seu apoio a un movemento separatista; ou grupos que se din independentistas rematen os seus actos puño en alto cantando a Internacional: “Agrupémonos todos nesta loita final...”. Así que, o mellor é non matinar no tema, porque se agrupar significa xuntar, e independencia é separar, non parece doado atopar un punto común entre os dous. E pois logo, será que a esquerda é separatista e a dereita é unionista? Ou será ao revés? Ou como é? Eu xa non sei. E vostedes?

Matinar