DESPOIS É AGORA

Unha aproximación á mensaxe que deixaron os cidadáns o pasado domingo, desde unha perspectiva galega, trae como consecuencia a conclusión de que a abstención, a vencedora nestas eleccións, reflicte o fracaso da liña e discurso político aplicado na campaña para incorporar aos “ novos orfos de representación”. Un segundo dato, na Galiza o bipartidismo, a pesar de perder milleiros de votos e ficar gravemente ferido, non foi derrotado. Amósase así o erro daqueles que non foron quen de artellar unha alternativa realmente mobilizadora á proposta de fronte ampla propugnada polo “sector nacionalista de Anova”. E un terceiro dato, a irrupción de Podemos, a outra gran vencedora, reflicte que unha parte dos cidadáns que votaran por AGE nas autonómicas non a percibiron como forza de ruptura. Son estes uns resultados que deixan nunha posición delicada ás forzas políticas nacionalistas e que sitúan, máis unha vez, o debate na procura da unidade.

 

DESPOIS É AGORA

Te puede interesar