Meigas fóra!

|

Supoño que todo o mundo terá visto, ou terallo escoitado a alguén, que un pai, ou unha mai, lle sacoden un inesperado lapote a un cativo ou cativa e como a crianza agredida pregunta o porqué da violenta acción se nada fixera merecente de tal. Ou non hai resposta ou esta ven sendo algo así como “por algo que seguro que farías ou que podes facer”. Ó meu parecer, algo semellante lle está a acontecer a Xaquín García Sinde no seu traballo en Navantia, segundo puidemos ler esta mesma semana no Diario. O amigo Xaquín –persoa educada, cabal e formal onde as haxa–, de boas a primeiras, recibiu unha repentina labazada do Centro Nacional de Intelixencia en forma de denegación do permiso que poseía para acceder a dependencias con material sensible ou clasificado. Sorprendido por esa decisión, non lle quedou outra que preguntar as razóns, xa persoalmente, xa a través de parlamentarios do BNG e EU no Congreso. E a resposta ven sendo do estilo da dos proxenitores que vimos: infumable. U-las razóns obxectivas? Será caza de bruxas?

 

Meigas fóra!