A fe do alcalde

SSadiq Khan é un musulmán que foi elixido hai un par de semanas alcalde de Londres co 44% dos votos fronte ao conservador Goldsmith que logrou só o 35%. Os que non estean moi ao día do avance no proceso de integración dos inmigrantes que lentamente se ven producindo en Europa, pode que se sorprendan porque un  musulmán chegase nada menos que a ser alcalde de Londres. Sadiq Khan, fillo de un condutor de autobús e de unha costureira de orixe pakistaní, representa como candidato á alcaldía o perfil político contrario ao do seu rival político, o conservador Zac Goldsmith, fillo de un multimillonario xudeu e casado coa filla de outro multimillonario. E para máis inri débese ter en conta que a alcaldía de Londres representa en política a xoia da Coroa, ademais de constituír o símbolo singularmente significativo dos que buscan suceder a Cameron. Segundo este resultado electoral, a sociedade londiniense semella estar soltando amarras e abríndose un pouco ao europeísmo, cuestión que o Reino Unido ten agora en xogo co problema do Brexit. Inmigración que a pérfida Albión, como foi denominado o Reino Unido en algunha ocasión polo gran orador e arcebispo francés Bossuet, e polo seu coetáneo e tamén eclesiástico Fenelón, parece incapaz de resistir poñendo impedimentos a entrada dos inmigrantes que alí se dirixen atravesando Europa. O alcalde de Londres é agora un mahometano, pero ao mesmo tempo tamén é unha autoridade no país. Os seres humanos somos quen de vencer o invencible. Levamos na alma o instinto migratorio. 
E de un xeito ou de outro, dende que deixámolo berce andamos constantemente á procura, sen saber moitas veces de que. Buscamos, sobre todo, un desenvolvemento que nos ofreza coñecementos e benestar. Porque o mundo é de todos e todos temos dereito a vivir nel. Agora, coa entrada masiva de inmigrantes, vemos que moitos deles son refuxiados fuxindo dos países en guerra. Buscan salvala propia vida e a da súa familia. Sadiq Khan, alcalde de Londres, criouse e estudou alí alcanzando unha licenciatura en dereito. É unha persoa con formación. El tivo fe en si mesmo e aproveitou os medios que tiña a súa disposición para lograr situarse. Un obxectivo á acadar no camiño do progreso e do benestar persoal e familiar. Tamén polos seus conxéneres. A xuventude debería tomar bo exemplo de este singular personaxe.

A fe do alcalde

Te puede interesar