Opción

Onte pola mañá distintos concelleiros de Esquerda Unida na bisbarra, acompañados pola coordinadora nacional, Yolanda Díaz, e o eurodeputado Javier Couso, demos unha rolda de prensa en Ferrol defendendo a construción do dique flotante e outras infraestruturas necesarias para asegurar o futuro do naval na nosa cidade. Transmitiuse reiteradamente unha mensaxe que posiblemente pase desapercibida ante a urxencia que atravesa noso principal motor económico e por iso que quero reiteralo. A nosa organización aposta pola unión para conformar a fronte máis ampla posible para afrontar os retos aos que nos enfrontamos. Sei perfectamente que o termo “unidade” empeza a parecer un lugar común, utilizado con moi variadas intencións, algunhas máis lexítimas que outras. Coñezo que se presenta baixo distintas formas pero o certo é que na situación actual e máis alá de conxunturas ou circunstancias é a única opción viable que temos.

 

Opción

Te puede interesar