Rosalía

|

Coido que é bo lembrar a Rosalía de Castro sequera unha vez ao ano, para non perder contacto coa realidade, porque lembrándoa podemos comprobar como, a protesta social contida na súa obra segue a estar vixente; porque “todos, todos se van” e aínda os que volven teñen que loitar contra as inxustizas; porque Galicia queda “sen homes que a poidan traballar”; porque seguimos a sentir a dor das “viúvas dos mortos” e das “viúvas dos vivos”, esas heroicas mulleres cheas de coraxe, loitando soas na vida. Mais quizais como unha parte imbricada na súa dorida protesta, canta tenrura, canto amor á terra e ás nosas xentes, como querendo resarcilas de tanto desprezo inxustificado. Moito lle debemos a aquela extraordinaria muller que, dalgún xeito nos fai loitar pola nosa dignidade. Rosalía, nube branca, flor silvestre, rumoroso regato de auga fresca, onde poder enchoupar a nosa alma, para sentírmonos galegos e amar á nosa terra sen complexos nin falso pudor. Que así sexa!   
 

Rosalía