Crecer

|

O concepto de crecemento estase a empregar nos debates e en todas as reunión políticas, como unha especie de mísil para derribar os argumentos dos opositores aos gobernos actuais. Malia a dose de verdade que poda haber nese termo, para min tan abstracto, hai algo que non encaixa nas miñas contas. Porque como xa vou vello, no canto de crecer eu encollo e a miña pensión, se non mermou, o que é crecer, nada de nada. Xa que logo, que explicación podo lle dar a esta incoherencia? Por unha banda, parece que o meu crecemento non ten nada que ver co tan cacarexado crecemento de España; por outra banda pode ser que eu non forme parte desa entelequia que se da en chamar España. Claro que ese crecemento pode ser referido á distancia económica que separa aos pobres – cada vez máis pobres – dos ricos – cada vez máis ricos. E será esa diferenza  a empregada para xustificar ese crecemento famoso? Non sei , pero parece que por aí van os “tiros”, porque, vostedes crecen?   

Crecer