Caixas C?

Como ó chamado asunto Bárcenas, empeza a pasarlle o mesmo que ó raio de Miguel Hernández, que non cesa, os nosos máximos mandatarios teñen que buscar temas que distraian a atención da poboación. O fútbol, desde que está permanentemente na televisión, xa non cumpre esa misión. Pois aí está Gibraltar, como se a pena non fose dos ingleses –e a perpetuidade– desde hai só 300 anos. Son as manobras do franquismo –balompé polo medio– en horas baixas. O intrépido Cañete fala de defender a catro pescadores e de frear o lucrativo negocio de carga de combustible dos barcos (bunkering) fóra dun porto. En Ferrol, curiosamente, queren autorizalo. Mais, aquí para quen vai ser lucrativo? É evidente que para calquera menos para o pobo, isto é para as arcas públicas, que son –cando menos en teoría– de todos. Se os navíos van encher os tanques de combustible por este procedemento é para aforrar gastos de amarre, que si cobra a Autoridade Portuaria, un organismo público, de todos. Terán que explicalo.

 

Caixas C?

Te puede interesar