Analfabetos funcionais

Que non leamos ou non entendamos o que lemos, xunto co envío de noticias falsas e terxiversadas, forma parte do grande plan de sometemento poboacional que se vén orquestrando desde hai tempo e que comeza a tomar corpo en forma de totalitarismos.
A OCDE acaba de ter que adiar a publicación dos resultados españois na avaliación PISA ao detectar anomalías nas probas de lectura. Ao parecer, moitos estudantes tardaron menos de 25 segundos en responder 20 preguntas, é dicir, que nin as leron. Demasiado traballo carente de recompensa. Mais, case con seguridade, moitos deles si acceden a través das redes sociais a pequenas pílulas envelenadas do tipo: “Por que se presiona ás mulleres europeas para que fagan carreiras técnicas se elas son libres á hora de elixir?” a teor dunha recente investigación que conclúe que canta máis igualdade de xénero hai nun país menor é a porcentaxe de féminas que cursan enxeñerías.
Cada vez son máis os adolescentes convencidos de que escollen libremente, sen decatarse de que a súa escolla vén predeterminada. Triste porvir.

Analfabetos funcionais

Te puede interesar