Piqué

Cada vez é máis frecuente que os informativos deixen de cumprir a súa función de informar para emitir opinión. Expresións do tipo “non contentas con iso” –referido a unhas mozas que ían bebidas ao volante facendo falcatruadas– ou “semella que non ve moitos informativos”, matizando as palabras do futbolista Gerad Piqué sobre a pouca atención que os medios dedican ao xuízo do procés, non deberían ter cabida nun telexornal.

Ao tempo, nos programas de opinión cáese con frecuencia na descualificación e no insulto cando as ideas manifestadas entran en contradición coas propias. Así, no radiofónico Herrera en Cope, Piqué foi tildado de demagogo, cretino e mesmo se lle castelanizou o nome, con clara intención de molestar. Tras o encontro do Madrid-Barça do sábado, o futbolista contestou ás palabras de Carlos Herrera e deu unha lección, non só ao xornalista, senón a toda a sociedade, de educación, templanza e respecto; ademais de recalcar a necesidade de escoitar para poder dialogar. Piqué 4 - Herrera 0.

Piqué

Te puede interesar