Respectar

Co gallo da decisión xudicial do “Prestige”, algunhas personalidades “ilustres”, coincidían en respectar o fallo (fallo de errar ou facer as cousas mal?) do Tribunal, aínda non estando de acordo coa sentenza en cuestión. Coido que o acatamento de algo que consideramos equivocado non é ningunha cousa loable, senón máis ben ao contrario. Habería que discutir, se merece respecto unha xustiza que non respecta os dereitos humanos e os sentimentos das vítimas.  Por outra banda, sería interesante aclarar cal é o resultado da tan cacarexada separación dos poderes lexislativo, executivo e xudicial: É beneficiosa ou prexudicial  esa separación? Estará feita para que o lexislativo lexisle o que queira, o executivo execute o que lle dea a gana buscando “encaixes legais”, e o xudicial entenda como queira e decida ao seu xeito? Eu confeso que vivo nun mar de dúbidas, ou mellor dito, nunhas augas de dúbidas, como as do fallo do “Prestige” e o fallo de Reganosa, entre outros.

 

Respectar

Te puede interesar