Xefes

Hai nos concellos algúns xefes de negociado que, a forza de anos na mesma función, rematan por se considerar infalibles como un “papa” e donos da parcela que dirixen, de tal xeito que nada se pode facer sen o seu consentimento, pois teiman en impoñer o seu criterio por riba do dos políticos de turno que, por falta de coñecemento do “campo de batalla”, ás veces vense impotentes para desenvolver o seu labor.
Na nosa cidade hai exemplos coñecidos de políticos que, día si e día tamén, mantiñan duras loitas con certos funcionarios por diferenzas de criterio.
Claro que, normalmente, son eses funcionarios os que máis saben dos asuntos municipais e, ás veces, válense diso para emitir informes coa súa opinión persoal, cualificándoa como “a vontade do concello” ou como se fose un “artigo de fe”.
Se despois, os políticos de turno avalan cos seus votos o informe emitido, aquela opinión persoal, agora si, quedará convertida “na vontade do Concello”. E amén.

 

Xefes

Te puede interesar