Carácter

O actual presidente do Goberno foi criticado moitas veces, acusándoo de querer o poder a calquera prezo. Se cadra tiñan razón; mais, se a intención de calquera político importante é a de chegar canto máis arriba, non entendo por que o Sr. Sánchez habería de ser unha excepción. No que respecta ao prezo, non sempre depende do aspirante. Neste caso concreto, lembro que o líder socialista ofreceulle ao Sr. Rajoy retirar a moción de censura a cambio da súa dimisión, cousa que este non aceptou. Nembargante, que pasaría se don Mariano presentase a dimisión? Sería substituído pola Vicepresidenta? Ou, habería que celebrar eleccións? Sería agora don Pedro, Presidente do Goberno? En calquera caso, esta vez o prezo pagárono o xefe do PP e aqueles que apoiaron a moción, esperando tirar proveito do seu apoio. E, como agora todo son suposicións, supoñamos que o novo Presidente teña carácter para poñer a cada quen no seu sitio. Cousa que non parece moi doada. Digo eu, claro.

Carácter

Te puede interesar