Conselleiros

A noticia en tódolos medios: Cinco novos conselleiros independentes, cinco vellas glorias do PP, fichados por Enagás, empresa que goza do monopolio do gas en España. Velaquí un resumo dos seus curriculums:
Antonio Hernández Mancha (63), avogado do Estado, foi presidente de AP en tempos de Fraga. Na actualidade rexenta un despacho de avogados.
Ana Palacio (66), licenciada en Socioloxía, Ciencias Políticas e en Dereito, exministra de Asuntos Exteriores, vicepresidenta do Banco Mundial, conselleira electiva do Consello de Estado.
Isabel Tocino (65), licenciada en Dereito, exministra do Medio Ambiente, consello de administración do Banco Santander e de Ence, conselleira electiva do Consello de Estado.
Luis Valero (66), licenciado en Dereito e Económicas, exdirector da Anfac e actual director xeral de Industria.
Gonzalo Solana (56), licenciado en Económicas pola UAM, especialista en Facenda Pública, na actualidade presidente do Tribunal de Defensa da Competencia.
Os cinco, con grandes curriculums sen dúbida, son agora elixidos conselleiros de Enagás “pola súa gran experiencia na industria gasística”.
Se isto non é tráfico de influenzas, parecéselle moito.
Por asociación de ideas, teño que falarvos doutros dous conselleiros de sona:
José María Aznar (61), cun soldo vitalicio por ter sido presidente do Goberno, é conselleiro de Endesa “polos seus profundos coñecementos de electricidade” e doutras multinacionais, conferenciante, escritor e xestor da súa propia xestoría.
Felipe González (72), tamén con soldo vitalicio pola mesma razón, é asemade conselleiro de Endesa “pola súa dilatada experiencia no sector enerxético”. Disque deixou de aconsellar (¿?) a Gas Natural, porque era moi aburrido (Sic).
Todos eles pertencen a unha longa nómina que, sen dar un pau na auga, acadan tódolos meses unha cantidade indecente de cartos que, dun ou doutro xeito, pagamos tódolos españois de a pé. Podería dar cifras pero non o fago para non cabrear máis ao persoal.
Así nos loce o pelo.   

Conselleiros

Te puede interesar