Madres

Xa logo chega o día da Madre, unha data entrañable que nos fai lembrar o moito que lles debemos a aquelas que nos deron a vida, co sangue do seu sangue, a carne da súa carne e os ósos dos seus ósos. Coido que sería unha boa idea institucionalizar ese día no noso Concello, organizando un acto sinxelo, como unha ofrenda floral, que se podería celebrar no monumento de “A Maternidade”, situado no barrio de Ultramar, obra do magnífico escultor ferrolán e bazanista Xoán Xoxé Brage Rey. Velaí unha boa ocasión para esquecer por unhas horas as rivalidades e as liortas políticas e, honrar conxuntamente, as nais ferrolás, porque todos sen excepcións, tivemos unha nai. Eu quero reivindicar tamén, a figura das madrastas, pola súa abnegación e sacrificio, malia a mala sona que lles puxeron. E sen esquecer as nais de leite, que entregaban parte da súa vida, para outra vida. E xa que a miña nai foi tamén madrasta e a miña sogra foi tamén nai de leite, honralas é de xustiza, non si?

Madres

Te puede interesar