FESTAS

Remataron xa as festas de verán. O certo é que dende a área da que son concelleiro delegado a achega correspondeu fundamentalmente a apostar por artistas e actividades con presenza de sectores culturais da cidade. Non lles vou enganar, aínda que coñezo a importancia social e económica dos citados eventos nunca me gustou a súa xestión. Con demasiada frecuencia o necesario debate sobre políticas culturais na nosa cidade transfórmase nun mero parte metereolóxico. Dito isto quero defender con rotundidade o programa presentado. Dende un punto de vista do nivel cultural eu non teño dúbidas, entendo que isto pode verse de xeito subxectivo, pero ao meu entender o cartel é dun talle artístico e creativo superior ao que vén sendo habitual. En canto á participación dos cidadáns creo que foi moi boa malia soportar unhas condicións atmosféricas moi incertas e que sen dúbida dificultaron bastantes das actividades programadas
 

FESTAS

Te puede interesar