Rock en Cambre

Nas palabras de agradecemento á organización polo convite, Guillermo Izquierdo “Polako”, cantante e guitarrista rítmico da excelente banda de trash metal albaceteña Angelus Apatrida, manifestaba alborozado a súa sorpresa e satisfacción porque os concertos de Rock in Cambre fosen gratuítos, algo que pensaba só acontecía en Euskal Herría. E non perdamos de vista que xa vai pola vixésimo sétima edición.
Paseino ben. As bandas, por variadas razóns, pagaban a pena. Ben diferentes estilos e idiomas diversos inundaron a cálida noite de Cambre ata altas horas, xa non moi lonxe da madrugada. Ambiente festivo e distendido. Nin un mínimo roce me tocou ver. Fun pola Banda Bassoti. Gusto tanto do punk rock e do ska como das posturas internacionalistas, antifascistas e solidarias, esas que irritan os inquisidores. Mais desfrutei con todos os grupos. Prestoume ver a actuación dos Resentidos. Sen nostalxias nin saudades, sentimentos que nada teñen que ver comigo.  Iso si, coa percepción do paso do tempo. 
 

Rock en Cambre

Te puede interesar